A GALIÑA AZUL
Os membros do Club de Lectura escenificaron a obra de Carlos Casares "A galiña azul" aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria. Unha galiña azul que canta cacaracá cando todas cantan cocorocó.
Unha obra que fomenta o respecto das linguas minorizads, a solidariedade e o aprecio do distinto.
ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA NA RADIO ESCOLAR
Unha nutrida representación do club de lectura de terceiro de ESO estivo na radio escolar para falar das actividades que teñen previsto realizar.
Xa están aquí os booktubers de Mosteiro Meis
Dende o Club de Lectura presentámosvos orgullosos aos nosos primeiros booktubers: Estaban, Xoán e Nuria, que nos falan do libro "Dragal. A herdanza do dragón", que acaban de rematar de ler no club.
Apuntádevos e convertídevos nos próximos booktubers de Mosteiro Meis.
Se aínda non sabes que é o fenómeno booktuber preme aquí.
Apuntádevos e convertídevos nos próximos booktubers de Mosteiro Meis.
Se aínda non sabes que é o fenómeno booktuber preme aquí.
Mannequin Challenge
Dende o "Club de Lectura" do CPI Mosteiro Meis atrevémonos con todo e para mostra un botón. Mirade este simpático video do famoso reto "Mannequin Challenge" que fixemos na nosa biblioteca.
Benvid@s
Benvid@s a tod@s a esta bitácora que estará adicada ao club de lectura da BiblioMosteiro do CPI Mosteiro Meis que cada ano irá mudando de participantes pero non de intencións.
Este espacio na Rede servirá para ir reflexando todas as actividades que levemos a cabo dende aquí. Pasade! Estados todos invitad@s!
Este espacio na Rede servirá para ir reflexando todas as actividades que levemos a cabo dende aquí. Pasade! Estados todos invitad@s!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)