Un ano cheo de lecturas e encontros

 Chega o final de curso e cómpre facer memoria de todo o acontecido este ano en torno aos libros. 

En novembro visitamos Radio Arosa-Cadena Ser co alumnado do club de Radio, coordinado por Nerea García Piñeiro. 


Tamén en novembro, na radio do CPI Mosteiro-Meis, contamos cunha entrevista coa autora Arantza Portabales. 

Entrevista a Arantza Portabales

En febreiro, levamos a cabo actividades de apadriñamento lector, con lecturas para os máis cativos por parte dos seus compañeiros de cursos máis avanzados. 


A finais do mesmo mes, visitounos Andrea Maceiras, para falar de Alma de Elefante e asinar todos os seus libros. 


E queriamos rematar cun encontro con Manel Loureiro, xunto aos compañeiros da Biblioteca do IES de Sanxenxo, pero será o ano que ven. 

Bo verán cheo de lecturas! 



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA PALABRAS MÁXICAS

O alumnado de 3º de Educación Primaria, guiado pola profesora Pilar González, comenta as súas lecturas na primeira edición do seu club de lectura, Palabras Máxicas.


 

MONOS OU PORCOS?

 Se vimos do mono, por que somos tan porcos? Esta foi a pregunta á que quixemos responder nesta reunión do Clube de lectura científica. 

Podedes escoitar as reflexións que suscitou a lectura deste capítulo do libro no seguinte enlace.


   


 Se vos apetece ampliar información sobre este tema, invitámosvos a ler o seguinte artigo. 

Un paso más cerca para el uso de corazones de cerdos en el trasplante humano

Como menciona o profesor Camilo Ojea na charla, a literatura galega xa pareceu adiantarse nas reflexións sobre o tema. 



E para equilibrar a balanza, propoñemos un pouco de cine.


   

Animamos a todo o alumnado a unirse a nós neste Clube de lectura científica e a compartir cada martes as súas reflexións. 




CLUB DE LECTURA DE 2º ESO

As alumnas do Club de Lectura de 2º de Eso fan balance das actividades realizadas na radio escolar.

ADRIÁN MORGADE FÁLANOS DO SEU CÓMIC "XINFU NA MALDICIÓN GUACHUKY"






ROTEIRO DE CASTELAO

Seguimos os pasos de Castelao polas rúas e prazas nas que o escritor deixoa a súa pegada cultural.
Rematamos no museo de Pontevedra no que se recolle unha gran parte do  seu legado cultural: grabados, pinturas, carteis,...



PROMOCIÓN DO CLUB DE LECTURA CURSO 2017/2018

Cartel publiciario colocado no corredor do Centro para animar ao alumnado a participar nos Clubs de Lectura.


PAIXÓN POLOS CLUBS DE LECTURA



O pracer de ler nos clubs de lectura non deixa de crecer no noso centro. Aos clubs de Secundaria e sexto de Primaria únese o club "Sonos de papel" de terceiro de Primaria.


CON FINA CASALDERREY

Epecialmente entrañable o encontro que mantivo o Club de Lectura con Fina Casalderrey. Falounos dos seus primeiros pasos como escritora, contounos anéctodas da súa infancia e da vida nunha aldea humilde. E sobre todo transmitiunos o valor e a forza das palabras e animounos a seguir compartido a paixón polos libros.


ROTEIRO DE RAMÓN CABANILLAS

Acompañados polos poemas de Ramón Cabanillas fixemos un percorrido pola súa vida e obra ó tempo que visitamos os lugares ós que el fai unha referencia máis directa.

A GALIÑA AZUL

Os membros do Club de Lectura escenificaron a obra de Carlos Casares "A galiña azul" aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria. Unha galiña azul que canta cacaracá cando todas cantan cocorocó. Unha obra que fomenta o respecto das linguas minorizads, a solidariedade e o aprecio do distinto.

ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA NA RADIO ESCOLAR

Unha nutrida representación do club de lectura de terceiro de ESO estivo na radio escolar para falar das actividades que teñen previsto realizar.



Xa están aquí os booktubers de Mosteiro Meis

Dende o Club de Lectura presentámosvos orgullosos aos nosos primeiros booktubers: Estaban, Xoán e Nuria, que nos falan do libro "Dragal. A herdanza do dragón", que acaban de rematar de ler no club.

Apuntádevos e convertídevos nos próximos booktubers de Mosteiro Meis.



Se aínda non sabes que é o fenómeno booktuber preme aquí.

Mannequin Challenge

Dende o "Club de Lectura" do CPI Mosteiro Meis atrevémonos con todo e para mostra un botón. Mirade este simpático video do famoso reto "Mannequin Challenge" que fixemos na nosa biblioteca.

Club de lectura

Xa estamos na Rede


Benvid@s

Benvid@s a tod@s a esta bitácora que estará adicada ao club de lectura da BiblioMosteiro do CPI Mosteiro Meis que cada ano irá mudando de participantes pero non de intencións.

Este espacio na Rede servirá para ir reflexando todas as actividades que levemos a cabo dende aquí. Pasade! Estados todos invitad@s!